POSTA DE SOL NA PRAIA DE MAR DE FÓRA, EN FISTERRA (MAIO DE 2011)

lunes, 26 de septiembre de 2011

domingo, 25 de septiembre de 2011

¿DÓNDE ESTÁ LA CRISIS? I




INTRODUCCIÓN: Llevamos ya largo tiempo hablando de crisis, pero existen muchos lugares del mundo donde esa palabra forma parte de la existencia de los seres humanos que en ellos viven (o, mejor, sobreviven) desde hace décadas. Hoy inicio aquí un apartado en este blog que no pretende más que convertirse en una ventana a la que asomarse y comprobar que, aunque nuestras preocupaciones son legítimas, existen millones de personas que están sufriendo mucho más que nosotros las brutales desigualdades del orden mundial imperante. ¡Abre tus ojos! Observa, analiza la realidad con espíritu crítico y solidario y… ¡EXIGE QUE LAS REGLAS DEL SISTEMA SEAN MÁS JUSTAS PARA TODOS LOS SERES HUMANOS DE LA TIERRA!  


SOMALIA

Publicado en la web de UNICEF

El aumento del número de casos confirmados de cólera en Mogadiscio, la capital de Somalia, y de diarrea acuosa aguda en la ciudad portuaria de Kismayo, ha motivado una respuesta urgente para frenar el avance de estas enfermedades.
Las precarias condiciones de saneamiento que hay en la zona, la falta de agua potable, la masificación y los altos niveles de desnutrición son la peligrosa combinación para propiciar brotes de enfermedades infecciosas como el cólera y la neumonía.
Ya se han confirmado casos de cólera en las regiones de Banadir, Bay, Mudug y Bajo Shabelle, y el número de casos de diarrea acuosa aguda ha aumentado dramáticamente en los últimos meses.
Desde enero de este año, solo en el Hospital Benadir de Mogadiscio se han registrado 4.200 casos de diarrea acuosa aguda y de cólera. De cualquier modo, en estos momentos la mayoría de los casos de cólera registrados en varias regiones están contenidos y bajo control.
“Nuestra mayor preocupación es monitorear y detectar nuevos brotes de enfermedades en muchos asentamientos informales establecidos para los desplazados internos que se encuentran en Mogadiscio o sus alrededores”, afirma la doctora Marthe Everard, Representante de la Organización Mundial de la Salud (OMS) en Somalia.
El cólera es endémico en Somalia pero el último gran brote se registró en 2007, afectando a 67.000 personas. En los últimos años, los esfuerzos realizados por limpiar con cloro las instalaciones de agua en Mogadiscio y para mejorar las instalaciones de higiene y saneamiento han prevenido un brote más importante.
Ahora hay un gran corte de suministro de agua potable y falta de saneamiento adecuado, con la llegada de 100.000 personas este año a Mogadiscio, lo que eleva el número de desplazados a 470.000, muchos de ellos viviendo en asentamientos masificados.
“No debería ocurrir que un niño muera por una diarrea, aunque es la trágica realidad para un niño somalí con desnutrición aguda. Es una combinación letal”, asegura Rozanne Chorlton, Representante de UNICEF en Somalia. “Estos tipos de enfermedades son prevenibles y tratables rápidamente. Para salvar las vidas de los niños nos estamos asegurando de que el acceso a agua potable, saneamiento, higiene y cuidados médicos forman parte integral de nuestra respuesta de emergencia”.


sábado, 10 de septiembre de 2011

VAMOS A CONTAR MENTIRAS, TRAILARÁ.



   José Manuel Pinal –director xeral de centros e recursos humanos da Consellería de Educación da Xunta de Galicia- acaba de dicir que prevé un comenzo normalizado do curso escolar, porque considera que todas as medidas adoptadas polo goberno autonómico no que aos horarios dos docentes se refire están destinadas a favorecer o proceso educativo dos nenos.

   Este señor debe padecer miopía galopante, ademáis de sufrir unha especie de “síndrome de Pinocho”, pola cantidade de falsedades que se atreve a dicir nun curto espazo de tempo. Velaquí as devanditas falsedades:

1.      O aumento de horas lectivas vai supoñer unha maior atención aos rapaces porque, segundo el, poderanse deseñar programas de atención aos alumnos con dificultades.

A realidade será que non só non haberá unha maior e mellor atención ao alumnado, senón que se empeorará o sistema que viña funcionando dende 2007 por varios motivos, a saber: os supostos apoios que di o señor Pinal, deixarán automáticamente de funcionar cando se produzan baixas por enfermidade ou outras causas entre o profesorado, xa que serán os compañeiros do propio centro os que cubrirán os postos vacantes por turnos, non sendo contratado persoal substituto (que quedará sen traballo). Isto repercutirá directamente nunha merma na calidade do ensino. Tales apoios estaban sendo desenvolvidos por mestres especialistas en Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe (que nos últimos anos estaban indo en aumento e que, a partir de agora, diminuirán drásticamente).

2.      Os únicos beneficiarios das medidas adoptadas pola Xunta serán os nenos.

No punto anterior quedou claro que isto non vai ser así. O sistema existente dende 2007 servía para garantir a permanente atención educativa aos alumnos con necesidades especiais, xa que as baixas sempre eran cubertas por persoal substituto contratado. Ademáis, o resto do persoal do centro educativo somentes tiña que cubrir algunhas horas da persoa que estaba de baixa –mentras se nomeaba a persoa substituta (normalmente non transcurría máis dun día)-, de maneira que se podía continuar con total normalidade o traballo nos distintos departamentos do centro (Biblioteca, TIC, Normalización Lingüística, Actividades Complementarias e Extraescolares…), nos que se viñan facendo distintos proxectos educativos. Todo isto vai deixar de funcionar con normalidade pola falta de tempos destinados específicamente para elo (dinamizacións). ¿Beneficia aos nenos este novo sistema que se vai implantar?

3.      Os sindicatos abandoaron a mesa sectorial.

Os representantes dos traballadores do ensino néganse a negociar porque non había nada que negociar. A decisión dos cambios xa estaba tomada de antemán unilateralmente pola Consellería de Educación e só “se dignaba” a comunicar o que ía facer. Ditos cambios eliminaban un acordo asinado cos sindicatos no ano 2007 e que estaba a garantir un avance cualitativo no ensino en Galicia, con dotación de recursos persoais e materiais aos centros educativos.

4.      Coa medida soamente se recupera o que xa había antes do 2007, ano en que o goberno anterior da Xunta (PSdeG e BNG) reduce o horario lectivo.

Señor Pinal, conte toda a verdade e non verdades a medias. Efectivamente, antes de 2007 había 25 horas lectivas. Pero tamén había –dende  moitos anos máis- unha reducción do horario lectivo nas xornadas de setembro e xuño (unha hora menos), que dende 2007 xa non existe e que vai seguir sen existir. Polo tanto, non se volve á situación anterior (só no que lle interesa á Xunta). Ademáis, lembro que, gracias a esa reducción horaria (a pactada en 2007) e ao completamento dos catálogos de postos de traballo nos centros educativos (cunha maior dotación de persoal), puido poñerse en marcha todo o sistema de dinamizacións para desenvolver distintos proxectos e traballos educativos –estes sí- en beneficio dos alumnos.

Diga tamén vostede, señor Pinal, que se lle vai impoñer ao profesorado unha nova responsabilidade que claramente está fóra das súas obrigas (e que está dentro do ámbito das familias ou de persoal dedicado a labores de coidado): a garda e custodia nos tempos anteriores á entrada e posteriores á saída das clases.

5.      A Xunta vai contratar o persoal interino necesario.

¡Claro que sí! Pero dentro do sistema creado pola Consellería de Educación unilateralmente e sen ocasión de rebatir (máis que coas manifestacións e a folga). Isto vai supoñer que a cantidade de postos de traballo no ensino vanse reducir drásticamente, ao ser cubertas as baixas polo persoal xa existente nos centros que, insisto, terá que abandoar o traballo desenvolvido en distintos proxectos educativos e que -¡estes sí!- ían en beneficio dos nenos.

6.      O curso vai comenzar con normalidade.

Finalmente, señor Pinal, perdoe que lle repita, padece vostede de miopía galopante. Fala de normalidade cando a falta de dous días para recibir aos nenos nas aulas ten ao persoal docente en pé de guerra, saíndo á rúa para manifestar contundentemente o seu rexeite á política educativa da Xunta. Soamente os que padecen dalgún mal que lles impide analizar a realidade ou os prepotentes que  seguen adiante cos seus plans a pesar da oposición xeralizada poden facer unha afirmación semellante. ¿En que grupo se atopa vostede?